Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre os cambios físicos da materia, material para facer traballos,... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






miércoles, 2 de junio de 2010

Os cambios físicos

Que é un cambio físico?:
Tipos de cambios.
Físico.
Químico.
Nuclear.
Cambio físico: Son aqueles nos que non cambia a natureza das substancias que interveñen.
Térmicos.
Eléctricos.
Ópticos.
Sonoros.
De movemento.
Exemplos.
Térmico: Os cometas.
Eléctrico: As nubes.
Óptico: Os raios.
Sonoro: Os tronos.
De movemento: A erosión.
Que é o movemento?
É o cambio de posición que experimenta un corpo, ao transcorrer o tempo, respecto dun sistema de referencia que consideramos fixo.
Sistema de referencia: Calquera elemento que elixamos e que supoñamos que esta fixo.
Non hai un sistema de referencia que sexa mellor ca outro.
Relatividade do movemento: As cousas móvense ou non dependendo do sistema que se tome como referencia. Por iso, dicimos que o movemento é relativo.
Características do movemento.
Traxectoria: É a liña que resulta de unir tódolos puntos correspondentes ás sucesivas posicións dun móbil.
Posición: É o lugar que ocupa en relación ao sistema que tomamos como referencia.
Inicial (xi ou x0).
Final (xf).
Distancia percorrida (e): É a lonxitude da traxectoria descrita polo móbil desde a súa posición inicial (xi), ata a final (xf).
Desprazamento (e): É tamén a diferencia entre as posicións inicial (xi) e final (xf) do móbil, pero medida en liña recta.
Clasificación dos movementos segundo a traxectoria.
Rectilíneos: A súa traxectoria é unha liña recta.
Curvilíneos: A súa traxectoria é unha liña curva.
Circulares: A súa traxectoria é unha circunferencia.
Elípticos: A súa traxectoria e unha elipse.
Parabólicos: A súa traxectoria é unha parábola.
Magnitudes do movemento.
Espacio (e): É a distancia percorrida (e).
Unidades: No S.I. é o metro (m); calquera das unidades de lonxitude.
Fórmula: e = v • t
Tempo (t): É o que tarda o móbil en percorrer a traxectoria.
Unidades: No S.I. é o segundo (s); calquera das unidades de tempo.
Fórmula: t = e / v
Rapidez (v): Expresa a distancia que un móbil percorre por unidade de tempo.
Unidades: No S.I. é o metro dividido entre o segundo (m / s); en xeral calquera unidade de lonxitude dividida entre calquera unidade de tempo.
Fórmula: v = e / t
Movemento rectilíneo uniforme (m.r.u.).
e = xf - xi (distancia percorrida).
v = e / t = xf – xi / tf – ti (rapidez)
Despexando na expresión anterior:
xf - xi = v•(tf – ti)
Se a tf – ti = t
Obtemos a ecuación xeral do m.r.u.
xf = xi + v • t
Representación gráfica do m.r.u.
Gráfico posición – tempo.
Gráfico rapidez – tempo.
As forzas e as súas aplicacións.
Os cambios de movemento.
Inercia: É unha propiedade da materia pola que tende a conservar o seu estado de repouso ou de movemento rectilíneo e uniforme.
Forza: É a causa capaz de modificar o estado de repouso ou de movemento dos corpos, ou de producirlles deformacións.
Tipos de forzas.
Que captan os nosos sentidos.
Gravitatoria: como as forzas que reteñen a tódolos planetas xirando ao redor do Sol.
Electromagnética: como as que atraen ou repelen os imáns.
Que non captan os sentidos.
Nuclear: so se descobren pola investigación científica, estudiando os efectos que producen.
Efectos das forzas.
Cambian a rapidez.
Movementos acelerados:
Movemento uniformemente acelerado: Aumenta a rapidez.
Movemento uniformemente desacelerado: Diminúe a rapidez.
Cambian a traxectoria.
Se un corpo se move con traxectoria curvilínea é porque unha forza está a actuar sobre el. Se non fose así, a súa traxectoria sería rectilínea.
Alteran o equilibrio.
As forzas poden lograr que os corpos alcancen o equilibrio ou que o perdan.
Equilibrio estático: Os corpos situados na Terra están sometidos á forza peso, que se comporta como se actuase sobre o seu centro de gravidade.
Centro de gravidade: Punto que actúa como se toda a masa do obxecto estivese situada nel.
Equilibrio estable.
Equilibrio inestable.
Equilibrio indiferente.
Producen deformacións.
Corpos elásticos.
Corpos plásticos.
Corpos ríxidos.
Corpos fráxiles.
Como se transmiten as forzas?
Por contacto.
Cando golpeamos algo, cando levantamos algo, cando refregamos algo,...
A distancia.
Os imáns, o movemento da Lúa ao redor da Terra,...
Dúas forzas moi coñecidas.
Peso: É a forza con que a Terra (ou calquera outro astro) nos atrae.
Rozamento: ë a forza que aparece entre dúas superficies en contacto dos corpos en movemento, e sempre se opón a el. É unha forza de natureza electromagnética.
Diferencia entre peso e masa.
Peso: É a forza con que a Terra (ou calquera outro astro) nos atrae.
Masa: é a medida da nosa inercia.
Como se miden as forzas?
Unidade: No S.I. é o Newton (N); tamén se utiliza o quilopondio (kp).
Newton: É a forza con que a Terra atrae a unha masa de 102 gramos.
Quilopondio: é o peso de l quilogramo.
Lei de Hooke: O alongamento dun resorte é4 directamente proporcional á forza aplicada.
Dinamómetro: É o aparato que se utiliza para medir as forzas.
Do lugar natura ao principio de Arquímedes.
O lugar natural das cousas: Na natureza tódalas cousas tenden a buscar a seu lugar natural, as pedras caen o chan porque saíron del; as augas buscan o mar; as lapas e o fume os gases da atmosfera por esta é a súa natureza,...
Hoxe non pensamos así: Como saben as pedras que son pedras? Como sabe a auga onde está o mar? Porque sube o fume en vez baixar como as pedras?...
Arquímedes.
Principio de Arquímedes: Todo corpo somerxido nun fluído experimenta un empuxe vertical e cara arriba, igual ao peso do fluído desaloxado.
As respostas da ciencia.
Século XVII.
Newton e a Lei da gravidade.
Robert Boyle e as propiedades dos gases.

No hay comentarios: